CRTVG

Buscar

Torra chama a "persistir" na independencia co gallo da Diada

Publicado o 11/09/2020 08:36

Once de setembro, hoxe celébrase a Diada en Cataluña, este ano marcado inevitablemente pola pandemia. Todo apunta a que as manifestacións independentistas serán menos multitudinarias que noutras ocasións.

A celebración comezou xa onte á noite, coa tradicional izada da bandeira que vai presidir os actos do Día Nacional. No seu discurso institucional, o presidente da Generalitat referiuse a España como un estado autoritario e vingativo e esixiulle ao rei e ao presidente do Goberno que pidan perdón polo asasinato de Lluis Companys. Torra instou aos cataláns a persistiren na independencia. 

Noticias web

11/09/2020