Torra arríscase a ser inhabilitado ao manter os lazos amarelos
Os edificios da Generalitat seguen cos lazos amarelos a pesar de que hai horas rematou o ultimato que lles deu a Xunta Electoral para retiralos. Á espera dun informe que encargaron ao defensor do pobo catalán, din que retirar os lazos sería dar por boa a represión.
Quim Torra, presidente da Generalitat: "Eu estou a favor da liberdade de expresión e de máis liberdade de expresión e de máis democracia. Sempre me atopará aí. E non me agocho de nada".
O Goberno advírtelles: se non quitan os símbolos, pasarán da rétorica á desobediencia.
Isabel Celaá, voceira do Goberno: "Retórica ás veces inaceptable, pero non pasaron a raia da desobediencia, da vulneración da lei. Con isto pasaríana e sería, polo tanto, para ditaminar pola Xunta Electoral Central".
O PP considera insuficiente a actuación do Goberno e pídelle a aplicación do 155.
Pablo Casado, presidente do PP: "Eu o que faría se fose Sánchez sería ir ao Consello de Ministros e iniciar o procedemento de aplicación do 155. Que poña orde. Se a Xunta Central e a Fiscalía declaran en rebeldía un presidente autonómico, a Constitución está para cumprirse".
A Xunta Electoral volve reunirse mañá.