CRTVG

Buscar

Tormenta política na Arxentina polo escándalo da vacinación VIP

Publicado o 25/02/2021 20:58

O escándalo pola vacinación VIP de decenas de personalidades continúa na Arxentina. O presidente Alberto Fernández tenta restarlle importancia mentres a oposición pide a comparencia dos responsables no Parlamento. 

A oposición pediu a comparecencia no Parlamento do xefe de Gabinete e da nova ministra de Saúde pola vacinación irregular de decenas de persoas próximas ao Goberno. Unha oposición que acusa o Executivo peronista de montar un sistema paralelo de vacinación e de cometer unha "inmoralidade".

Tamén presentarán un proxecto de lei con medidas para transparentar a campaña de vacinación, que polo momento tan só inclúe persoal sanitario e anciáns. Pola súa parte, o Goberno arxentino defendeuse destas acusacións afirmando que moitos dos vacinados eran persoal estratéxico.

Noticias web

25/02/2021