CRTVG

Buscar

Toque de recollida ás 13.00 e hostalería e comercio pechados esta fin de semana en Portugal

Publicado o 08/01/2021 13:50

Nunha cidade de fronteira como Valença, que vive, precisamente, da mobilidade, a prohibición de circular entre municipios e a clausura da hostalería e do comercio desde a unha da tarde pintan unha realidade complicada.

O ritmo de contaxios en Portugal disparouse de 5.000 a 10.000 casos diarios esta semana e o número de falecementos roza a centena nas últimas 24 horas. As restricións da mobilidade supramunicipal están vixentes en todo o país e, ademais, en 283 concellos o toque de recoller é á unha durante a fin de semana.

Para a vindeira semana está previsto o anuncio de novas medidas ou o endurecemento das que xa se aplican. De momento, a declaración de estado de emerxencia rexe ata o vindeiro 15 de xaneiro.

Noticias web

08/01/2021