CRTVG

Buscar

Toni Otero, novo director deportivo do Pontevedra, non quere présas coa elección do adestrador

Publicado o 07/06/2021 20:43

Para a maioría de futbolistas si, pero nos despachos non hai vacacións. Hoxe tivo o seu primeiro día na oficina Toni Otero. O que fora xogador do Pontevedra durante cinco tempadas volve a Pasarón, agora como director deportivo. Asina para as dúas próximas campañas. Comeza xa planificación do cadro de xogadores e do adestrador que dirixirá o equipo para subir á Primeira Federación. Falta por saber se continúa Luisito ou se Toni Otero aposta por outra alternativa. Otero non quere présas.

Noticias web

07/06/2021