Toni Otero foxe da polémica de Luisito e anuncia tres fichaxes no Pontevedra
Publicado o 25/06/2021 12:38
E o Pontevedra segue sen adestrador o director deportivo Toni Otero foxe da polémica con Luisito.
Esta mañá compareceu Toni Otero para explicar como foi o contacto con Luisito e a sua decisión final de prescindir do adestrador teense. Toni Otero adiantou que están fichados Samuel, do Choco, o porteiro Cacharrón que militou no Lugo e o pontevedrés Javi Rey que estaba no Rácing. Tamén confirmou a renovación de Víctor Vázquez e asegurou que non hai ningún contacto cos adestradores David Sierra ou Yago Iglesias.