CRTVG

Buscar

Tomates "normais" de medio quilo en Quiroga

Publicado o 16/08/2020 19:21

Nunha horta de Pacio Vello, en Quiroga, medran tomates que pasan do quilo e hoxe fomos ver tales portentos. O máis curioso é que realmente Xosé Ramón, o dono da tomateira, está acostumado a que lle nazan tan grandes. Di que son froito do cariño, de podalos cando toca e plantalos cunha boa orientación ao sol. O que ven na foto na man da pequena pesa case medio quilo.






 

Noticias web

16/08/2020