Tomás Vieito é a baza galega para estar en París 2024 en Windsurf Foil
Publicado o 19/10/2021 16:41
Campión de España de iQFoil, habitual nas concentracións da selección española, ten moitas posibilidades de ser olímpico en París 2024.
O sábado comeza en Marsella o Campionato de Europa. Hai pouco máis dun ano quedamos con Tomas Vieito e pesaba uns 70 quilos. Hoxe anda polos 83, e o ideal é que se achegue aos 90: forza, técnica, velocidade.
E para estar entre os mellores da táboa olímpica que por Europa dominan os franceses e os ingleses, adoitamos velo adestrarse pola ría de Vigo.