CRTVG

Buscar

Todo o alumnado galego que viaxou ás illas Baleares debe gardar corentena

Publicado o 25/06/2021 15:22
Todo o alumnado galego que viaxou ás illas Baleares debe gardar corentena

A Consellería de Sanidade está a levar a cabo unha serie de medidas como consecuencia do gromo da covid detectado nas Baleares. Todos os estudantes que viaxaran a Baleares considéranse contactos estreitos e terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles.

A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, en que se disporá o que teñen que facer os estudantes en función da data das súas viaxes.

Como mínimo, once centros afectados

A Consellería de Educación está xa a enviar ao departamento sanitario da Xunta as listaxes dos centros que viaxaron recentemente ás Illas Baleares.

Desde a Central de Seguimento de Contactos chamarase a todos os alumnos, para infomarlos do protocolo e resolver posibles dúbidas. Polo de agora, hai 11 centros en Galicia que confirmaron algunha viaxe de alumnos a Baleares.

Serán as respectivas áreas sanitarias as encargadas de xestionar as citacións das PCRs a realizar neste grupo de personas.

Piden cautela ás familias

Dende Sanidade piden precaución aos familiares que vaian recoller aos aeroportos a rapazada que veña das illas.

A recomendación da Consellería de Sanidade é que vaia só unha persoa a recollelo e, no automóbil, sempre con máscara e distancia.