Todos os ollos están pendentes do inicio da Bundesliga
• Desde mañá haberá partidos cada tres días
O espectácular derbi Dormundt-Schalke dos últimos anos presentábase así en Alemaña.
Pois eses futbolistas mañá van ver así o campo.
Benvidos a matrix, fútbol dalgún xeito artificial para tempos de incerteza. Nada que ver con fútbol que amamos.
A Bundesliga será un experimento para as outras ligas europeas. Houbo un protocolo sanitario estrito. Os equipos levan unha semana concentrados en hoteis. E as autoridades políticas pedíronlle moita prudencia aos seareiros.
Escoitamos a adestradores durante estes días. Falan de dúbidas, de medos, pero tamén de que o fútbol ten que volver. Calcula a Bundesliga que sen fútbol pérdense 750 millóns e 56.000 empregos.
Haberá encontros cada 3 días. E aínda que finalmente se cancele a liga, os clubs acordaron que haberá un campión e dous descensos.
O reinicio é imparable, malia que na segunda división o Dinamo Dresde ten todo o equipo en cuarentena e perderá un mínimo de dúas xornadas.