CRTVG

Buscar

Máis de 200.000 maiores de 80 anos reciben a partir desta mañá a vacina en Galicia

Publicado o 21/02/2021 22:35

• Serán 28.000 doses, que permitirán, segundo o Sergas, vacinar 4.000 persoas cada día

• Calculan que a primeiros de maio todos os maiores a partir desta idade deberán estar xa vacinados

O Sergas comeza o luns a vacinar contra a covid-19 boa parte das máis de 200.000 persoas maiores de 80 anos que ten Galicia.

Os equipos de vacinación das distintas áreas sanitarias xa teñen todo preparado para comezar a administrar as doses. E para iso xa estiveron citando por teléfono as primeiras persoas. Todo un reto organizativo para os centros de saúde. Nos máis grandes, nas cidades, están previstas xornadas de mañá e de tarde.

O obxectivo principal será administrar todas as vacinas de Pfizer que cheguen a Galicia a próxima semana. Serán 28.000 doses, que permitirán, segundo o Sergas, vacinar 4.000 persoas cada día. Calculan que a primeiros de maio todos os maiores de 80 anos deberan estar xa vacinados.

 

Noticias web

21/02/2021