CRTVG

Buscar

Todo o equipo do Rácing de Ferrol, illado ata coñecer os resultados das PCR

Publicado o 03/03/2021 20:21

• A falta de confirmación oficial, o Coruxo-Racing de Ferrol será aprazado

Todo o equipo do Rácing de Ferrol, illado ata coñecer os resultados das PCR

O coronavirus remexe o treito final da liga na Segunda B. Todo o equipo do Rácing de Ferrol está confinado. O Sergas tomou o control sobre o gromo detectado onte. Despois de que o club anunciara que catro xogadores deran positivo, ao longo do día de hoxe realizáronselles PCR a todos os integrantes do equipo. E ata que mañá se coñezan os resultados, todos deben permacer illados. Unha corentena que duraría os dez días que mando o protocolo. Xa que logo, o derbi no Vao contra o Coruxo do vindeiro domingo, ten moitas posibilidades de ser aprazado. Quedan só tres encontros e todo está aínda por decidir.

Noticias web

03/03/2021