CRTVG

Buscar

Últimos preparativos para a proba piloto desta noite en seis locais de ocio nocturno

Publicado o 11/06/2021 15:08

Quince meses despois, cóntanse as horas para ensaiar a volta á actividade do ocio nocturno. O responsable do pub La Pomada de Pontevedra asegura que "é unha moite moi agardada e desexada".

Coas entradas esgotadas dende hai semanas, as pistas de baile xa están listas para volver a gozar da noite, coa máscara posta en todo momento e mantendo as distancias.

Luis Diz, da sala Pelícano  recorda que "as medidas son pista de baile, distanciamento, uso de máscara, limitación da ocupación do baño ao 50 %, uso do xel hidroalcólico, pódese pedir na barra, pero non se pode consumir nela".

Ademais, medidores de CO2 darán información en tempo real da calidade do aire para garantir que os locais son lugares seguros. Con controis exhaustivos nos accesos, só poderán acceder as persoas que teñan entrada e presentando o DNI e o resultado dunha PCR negativa.

No control de acceso na porta verificarase esa mensaxe que recibiron do Sergas co nome da persoa que adquiriu a entrada. E se é ela, accede ao localCunha sesión de 4 horas de duración, de 9 a 1 da madrugada, desta proba piloto dependerá que a música e o baile regresen ás salas galegas. Se todo vai segundo o previsto, a volta do ocio nocturno será o vindeiro 1 de xullo.

 

Noticias web

11/06/2021