CRTVG

Buscar

Todo listo en Vigo para unha nova edición do Marisquiño

Publicado o 08/08/2019 14:26

O Marisquiño non perde a súa identidade, a filosofía coa que naceu hai dezanove anos. Porén non deixa de medrar e sempre ofrece novidades como o Freestyle Footbal e o Big Jam, dúas disciplinas novas que este ano darán mai espectularidade a un festival que é único no mundo.

O Marisquiño é un referente do deporte e da cultura urbana no ámbito internacional. A maior parte de visitantes chega dende a Madrid, O País Vasco, Cataluña e Andalucía pero tamén de diferentes puntos de Europa converténdose nun importante reclamo turístico para Vigo e a súa área de influencia.

Pendentes do tempo que mañá podería causar algunha alteración nos horarios, todo está listo en Vigo onde se esperan máis de 150.000 visitantes. Non só afeccionados aos deportes urbanos porque o público do festival é cada vez máis variado e familiar.

Por iso unha ampla oferta de actividades para os pequenos no Marisquiño Kids tamén formarán parte dun amplo programa en que a música e a gastronomía convivirán con disciplinas deportivas que serán olímpicas en Toquio 2020.
 

Noticias web

08/08/2019