CRTVG

Buscar

Todas as comunidades lánzanse a convencer os non vacinados

Publicado o 06/09/2021 15:03

Non é só o caso de Galicia. O resto de comunidades tamén tentan captar por todos os medios ese 13 % da poboación de máis de 12 anos que aínda está sen vacinar. Sobre os menores de doce anos, para os que aínda non hai ningunha vacina aprobada, os expertos cren que hai que agardar.

Desde os autobuses itinerantes, coñecidas como vacuguaguas nas Canarias, ata os puntos de vacinación sen cita e abertos as 24 horas do día, as comunidades autónomas afánanse para atraer os atrasados en vacinarse. Dos que están sen inmunizar en España, os científicos confían en que son moi poucos os que realmente negan a vacina.

Á espera da luz verde do Consello Interterrritorial de Saúde para inocular a terceira dose aos inmunodeprimidos, a pregunta é quen son os que entran dentro deste colectivo.

Sobre os menores de 12 haberá que agardar uns meses para ver como avanzan os estudos e abrir debate sobre a conveniencia de vacinalos.

Noticias web

06/09/2021