CRTVG

Buscar

Todas as comunidades autónomas, en risco máximo de transmisión do coronavirus

Publicado o 21/07/2021 18:50
Todas as comunidades autónomas, en risco máximo de transmisión do coronavirus
EUROPA PRESS

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 30.587 novos casos de COVID−19, 17.611 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 26.390 positivos.   

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 4.219.723 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 644,50, fronte a 622,41 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 305.819 positivos.   

No informe deste mércores engadíronse 18 falecementos, en comparación con 10 o mércores pasado. Ata 81.166 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 67 persoas con diagnóstico de COVID−19 positivo confirmado en España.   

Actualmente, hai 7.255 pacientes ingresados por COVID−19 en toda España (6.856 onte) e 1.180 en UCI (1.116 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 1.399 ingresos (1.286 onte) e 955 altas (925 onte). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 6,07 por cento (5,73 % onte) e nas UCI no 12,92 por cento (12,23 % onte).   

Entre o 11 e o 17 de xullo, as comunidades autónomas realizaron 1.169.764 probas diagnósticas, das cales 703.337 foron PCR e 466.427 tests de antíxenos, cunha taxa global por 100.000 habitantes de 2.487,47. A taxa total de positividade sitúase no 15,64 por cento, fronte ao 15,47 por cento de onte

Noticias web

21/07/2021