CRTVG

Buscar

Toda Galicia, salvo A Mariña, atópase en risco alto de incendios

Publicado o 20/07/2020 15:11

Toda Galicia, salvo A Mariña, continúa en risco alto ou extremo por incendios forestais.

En Canivelos, no concello de Ourense os equipos de extinción vixiaban a zona para evitar que se reavivase o lume que quedou controlado onte. Este foi un dos incendios máis importantes das últimas horas, queimou máis de 60 hectáreas.

Tamén está controlado un incendio no concello coruñés de Porto do Son que afectou unhas 24 hectáreas.

Na madrugada do sábado ao domingo, os bombeiros tamén tiveron que sufocar un incendio forestal no barrio compostelán de Conxo.


 

Noticias web

20/07/2020