Toda Galicia, no nivel baixo de restricións, agás Monforte, que queda no medio
Toda Galicia estará desde o vindeiro sábado, a excepción do municipio lucense de Monforte, no nivel medio baixo de restricións, isto é, na situación en que as medidas para combater a covid−19 son máis relaxadas.
Pola súa banda, o comité clínico, que asesora a Xunta na xestión da pandemia, propuxo manter en nivel medio Monforte de Lemos, que se recupera dun gromo. As medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo sábado 18 de setembro.
En todo caso, a incidencia dos concellos deixou de ser determinante para a apertura da hostalería, xa que agora se medirá por un protocolo asinado que entra en vigor este mércores e que atende ás medidas de seguridade de cada establecemento en dous niveis. Todo iso, pendente de se a Xunta incorpora tamén o certificado covid, agora avalado polo Tribunal Supremo, como requisito para a hostalería ou outras actividades.