Toda España está no proceso de desescalada: xa non hai ningunha comunidade na fase cero
Publicado o 25/05/2020 15:12
Toda España está, dende hoxe, no proceso de desescalada. Xa non hai ningunha comunidade na fase cero.
O 47 por cento da poboación, 22 millóns de habitantes, incluídos os galegos, avanzan un paso máis cara á normalidade ao acceder á fase dúas.
O país deixa atrás a etapa preliminar co paso da Comunidade de Madrid, Barcelona, e Castela e León á fase unha. Son 25 millóns de persoas que se estrean hoxe no desconfinamento.