CRTVG

Buscar

Toda a xornada dos equipos galegos na 2ªB, esta fin de semana, na CRTVG

Publicado o 16/04/2021 22:35

Balaídos non vai quedar baleiro esta fin de semana. De feito, 1.000 persoas poderán ver o domingo ao mediodía o filial celeste 
como xa acontecera hai quince días fronte ao Valladolid Promesas. O equipo de Onésimo recibe o líder, o Burgos. Os vigueses, que gañaron 0-3 na última xornada á Cultural Leonesa, pelexan por entrar entre os tres primeiros postos que lles dean dereito a xogar o playoff de ascenso á Segunda División.

Riazor prepárase para un partido trascendental. Primeiro contra segundo, o Deportivo recibe ao Numancia

"Afrontámolo coa ambición e o obxectivo de darmos un paso importante á fronte e podermos selar o obxectivo o antes posible"

Moi pendente dese partido estará o terceiro clasificado, un Rácing de Ferrol que xoga co Marino

"Se gañamos o partido volvémonos meter alí entre os dous primeiros. É imposible que os dous gañen e temos esas opcións de nos volver meter aí"

Tamén fai as súas contas o Compostela, recibe ao Langreo, recupera ao seu goleador Primo e está a 5 puntos dos dous primeiros

"De conseguirmos os 3 puntos esta fin de semana creo que nos reengancharíamos e serían 3 xornadas finais con enfrontamentos directos, todo moi apertado e bonito

Na fase pola permanencia os problema acumúlanselle a Luisito na dianteira. Ante o Lealtad, o equipo menos goleado, non poderá contar nin con Rufo nin con Charles.

"Eu creo que é importante unha vitoria, ademais na casa ante a nosa xente e para podérmonos distanciar un pouco co resto de equipos e así afrontarmos os vindeiros dous partidos que son fóra da casa doutra maneira"

E o Coruxo recibe mañá ao Oviedo, segundo clasificado

"Creo que é o partido máis importante do ano, de facermos un bo partido na casa poríamonos empatados a puntos con eles, poríamonos aí arriba e veríamos as cousas doutra maneira"

Noticias web

16/04/2021