CRTVG

Buscar

Toda a Península, en alerta amarela ou laranxa a causa do temporal

Publicado o 08/12/2020 14:51

Os 300 km de vías con complicacións para o tráfico, dan conta de que o temporal Ernest xa está aquí. As placas de xeo e a neve caída nas últimas horas dificultou a circulación na rede principal e na secundaria de toda a franxa norte pero a comunidade con máis problemas é Asturias que pechou e o porto de Pajares e máis unha ducia de pasos de montaña.

Navarra, Aragón e Cantabria tamén teñen portos pechados e numerosas estradas con problemas viarios. Os madrileños desafiaron ao temporal para ver a neve e producíronse aglomeracións en Navacerrada. E non lonxe, tamén na serra de Guadarrama, a Garda Civil rescatou con síntomas de hipotermia dous montañeiros que se perderan onte nunha xistra.

Pola súa parte, o temporal marítimo ten especial incidencia en Andalucía, Cataluña, Comunidae Valenciana e Melilla.

En terra rexístranse refachos de vento de 100 quilómetros por hora. A cidade de Melilla, Almería, Granada, Xirona, Tarragona e Castellón teñen activado aviso laranxa. En definitiva, toda España está en alerta, menos as illas Canarias.

Noticias web

08/12/2020