CRTVG

Buscar

Sálvalle a vida ao sogro, que sufría un infarto, empregando un desfribilador

Publicado o 05/07/2021 14:31

Iván e Jesús son xenro e sogro. Desde hai quince días aínda están máis unidos. Jesús estaba na casa cando nouto perda de forzas e unha dor no peito. Avisaron ao xenro que, o primeiro que fixo, foi coller un desfibrilador no ximnasio que rexenta. A dous minutos de chegar ao hospital, o corazón de Jesús parou.

"Boteino ao chan, descubrinlle o peito e inmediatamente pedín axuda en recepción. As traballadoras do hospital da Barbanza fixerpon un labor impresionante porque collín o desfibrilador e nada máis arrancalo xa eas estaban facendo o masaxe cardíaco. Foi unha verdadeira sorte que estivesen elas", relata Iván.

Desde o hospital da Barbanza trasladárono en helicóptero a Santiago. Dérono de alta hai oito días, pero está pendente dunha revisión a semana que vén. Jesús di: "Iván salvoume. Grazas a el estou aquí, houbo outros casos na zona que cando chegou a ambulancia xa faleceran. O meu foi por minutos".

O xenro, bombeiro de profesión, levaba máis dun mes dando formación sobre o uso do desfibrilador. Así que actuou con rapidez e case de xeito automático. Desta experiencia tira unha conclusión: "Formación con respecto a primeiros auxilios, é fundamental. E nos concellos ou entidades privadas con concorrencia de público, que se teñan estes desfibriladores, que ao final salvan vidas".

Noticias web

05/07/2021