CRTVG

Buscar

Tirapuxa no Senado á conta dos indultos

Publicado o 22/06/2021 20:09

Tirapuxa no Senado á conta dos indultos. O PP e Vox acusan o Goberno de traizoar España e de vulnerar o Estado de dereito. O ministro de Xustiza defendeu que os indultos son legais e que a unidade de España está garantida na Constitución.

Jacobo González-Robatto, Vox: "Teñan por seguro que deixaremos a pel para que se faga xustiza. Eles volverano facer, pero Vox tamén. E pagarán todos vostedes por traidores ao pobo español".

Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza: "Sabe vostede que nos diferencia?, que vostede non cre na convivencia e eu traballo para que sexa unha realidade en España. O que ocorreu en Cataluña foi grave, pero a unidade de España garántea a Constitución".

Fernando Martínez-Maíllo, PP: "Antes ou despois vanlles ter que pedir perdón aos españois por esta infamia que acaban de cometer. Non sei se será tarde para vostedes, pero espero que será tarde para España".

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior:, "É unha medida legal e moi meditada, moi estudada, que favorece algo en que vostedes se senten mal: a convivencia. Nunca chegariamos aquí sen os seus sete anos de non facer nada. A nós non se nos convocou un referendo".




 

Noticias web

22/06/2021