CRTVG

Buscar

Tirapuxa entre o PP e o PSOE no Senado polos indultos

Publicado o 08/06/2021 19:56

Os posibles indultos desencadearon unha forte tirapuxa entre o PP e o PSOE no Senado. Ambos partidos acusáronse mutuamente de "perder o rumbo", e de utilizar o independentismo como arma política.

Salomé Pradas, PP: "O Goberno de Sánchez é indigno de seguir gobernando España, porque non pode gobernar España quen a vende e a traizoa cambio dunha cadeira. Chámase traizón a España".

Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno: "Iso que vostedes chaman constantemente constitucionalismo xa non sabemos o que é, máis que a perda de rumbo dun partido que o tivo un día".

Salomé Pradas, PP: "Quen perdeu o rumbo foi o PSOE, que vinculou o seu destino aos golpistas"

TOTAL Carmen Calvo: "En Cataluña hai 7 millóns de españois aos que vostedes non queren nada e desprezan, que a acaban de escoitar falar nese ton no Senado de España"




 

Noticias web

08/06/2021