CRTVG

Buscar

Tirán líder da Liga Galega de Traíñas

Publicado o 21/07/2019 15:30
Tirán líder da Liga Galega de Traíñas

E na Liga galega de traiñas, fin de semana redonda para a Tirán. Gañou a Bandeira Concello de Vilagarcía e convértese no novo líder da Liga, como consecuencia da descualificación onte de Ares, que pasa a ser cuarto na xeral. Tirán foi primeiro, Mecos segundo e Meira terceiro.

Na Liga Euskolabel, vitoria de Santurtzi en Sestao, nunha tripulación cos galegos Risi e Rúa. Cabo da Cruz rematou a regata no oitavo posto, e esa posición, oitava, é a que ten tamén na clasificación xeral
 

 

Noticias web

21/07/2019