CRTVG

Buscar

Tirán e Meira, ante o reto do ascenso á ACT

Publicado o 16/09/2020 19:31

Un pobo mariñeiro co seu Neptuno ou Poseidón, un deus que manda no mar coa súa fisga, como mandaron na liga galega os dous equipos de Moaña, Tirán e Meira, cada un con cinco vitorias e cos mesmos puntos na clasificación final ... Un día celebrábao Meira. Outro Tirán. Chega agora a eliminatoria do ascenso á liga ACT.

Un reto que naceu cando os remeiros estaban pechados nas casas.

Meira estivo no 'play-off' no 2017 e 2018. Tirán, o ano pasado. Fóilles mal. Aprenderon algo: o sábado é o día clave.

Regata o sábado e o domingo. Zarautz, Pedreña, San Pedro, Tirán e Meira. Ascenden dous.

Esa clasificatoria da Concha de pouco vale. Todo é diferente esta fin de semana.

Noticias web

16/09/2020