CRTVG

Buscar

Tinturarías e salóns de peiteado, entre os negocios máis afectados polos cambios de tarifas da luz

Publicado o 04/06/2021 14:16

Tras tres días coas novas tarifas da luz vixentes, hai quen intentou adaptar xa os seus hábitos de consumo enerxético, pero hai tamén quen o ten imposible e está resignado a ese incremento dos custos, como, por exemplo, os comerciantes.

Xulio aínda non sabe a canto lle ascenderá a factura da luz este mes, pero só cos cambios que afectan a potencia terá unha suba considerable. O mesmo acontece no sector dos salóns de peiteado. A electricidade pode supor entre un 20 e un 30 por cento do custos.

Adaptar horarios para eles é inviable. Tampouco ven factible unha suba de prezos cando comeza a recuperarse o consumo. Temen que esta suba poida abocar ao peche dalgúns negocios xa tocados pola pandemia.

 

Noticias web

04/06/2021