CRTVG

Buscar

Tino Saqués: "Estamos plenamente convencidos de que o imos sacar adiante"

Publicado o 28/05/2021 11:23

O presidente do Lugo estivo nun acto de recoñecemento a adestradores con moita historia no fútbol e tamén no fútbol sala lucenses.

Nesta homenaxe organizada pola Federación Galega, Tino Saqués amosou moita seguridade sobre que o seu equipo acadará a cobizada salvación: "Todos os que compoñemos o Lugo estamos plenamente convencidos de que o imos sacar adiante".

Ao igual que xa fixeron o gardarredes Ander Cantero e o mediocentro Xavi Torres, o presidente nomeou ao partido contra o Raio Vallecano de "final que hai que xogar, pero hai que gañala".

"O equipo é agora realmente un equipo, está mentalizado e vai morrer no campo para conseguir o obxectivo", declarou con confianza Saqués.

Noticias web

28/05/2021