CRTVG

Buscar

Tino Saqués di que a renovación de Albés "está case pechada" na presentación de Mauro Pérez

Publicado o 10/06/2021 21:58

A renovación de Rubén Albés está moi próxima, así o manifestou o novo director deportivo do Lugo na súa presentación esta tarde no Anxo Carro, Mauro Pérez sinalou que é a súa prioridade. A vontade do club é que Albés continúe. O propio presidente Tino Saqués afirmou que a negociación está só pendente duns flocos.

Noticias web

10/06/2021