CRTVG

Buscar

Tino Freire: 105 anos e vitalidade para tirar para diante moito tempo

Publicado o 10/06/2021 16:30

Sobreviviu á gripe de 1918, pasou tres guerras, superou o coronavirus, vacinouse e acaba de cumprir 105 anos. Con esta mochila vital ás costas, Tino Freire vive nunha residencia de maiores e sorprende a enerxía vital que desprende.

Facer sorrir aos que o rodean é unha das súas virtudes. E con esta filosofía de vida acaba de converterse no avó de Galicia.

Di que ese Deus en quen cre lle axudou a pasar varias guerras, a pandemia de gripe do dezaoito e o coronavirus do que non quere saber.

Tino di que só cambiaría as súas pernas por unhas novas. E para que? Se coas que ten é capaz de bailar, como celebrou os 105 na residencia onde leva dez anos adaptándose aos tempos e repartindo sorrisos.

Noticias web

10/06/2021