CRTVG

Buscar

Timparrantela saca o disco 'Se te quixen foi polos grelos', o primeiro traballo da unión de sete mulleres en Ourense

Publicado o 22/03/2021 22:01

"Eu son Olga Brañas, a directora de Timparrantela, iniciei este proxecto hai un pouco máis de tres anos e atopei outroas seis mulleres marabillosas". 

"Son Marta Figueiredo, percusionista de Timparrantela e ademais son xogadora de fútbol sala no Ourense Envialia. Estamos a presentar o noso primeiro traballo 'Se te quixen foi polos grelos", é un formato libro-disco, e somos sete mulleres, a maioría de Ourense. Encontramos aquí a nosa unión e este disco ten un anaco de cada unha de nós. Eu sempre digo que é como as pezas dun reloxo en que todas achegamos o noso granciño de area, ten a personalidade de cada unha de nós". 

Da unión, da forza e dos diferentes estilos musicais destas sete mulleres nace este primeiro disco 'Se te queixen foi polos grelos'. Todo comezou cun poema de Sechu Sende musicado por Olga e que se converteu no tema "As cores da Galiza', para a súa estrea cun videoclip.

"O título 'Se te quixen foi polos grelos' parte dun autorretrato de Frida Kahlo que Leandro Lamas adaptou ao 'Olla que se te quixen foi polos grelos' e gustounos moito. É o primeiro tema que ensaiamos e tiñamos moi claro que tiña que ser ese o título", explica Olga Brañas. 

Agora só agardan poder tocar e amosar a súa música en directo.

Noticias web

22/03/2021