CRTVG

Buscar

'This is pop. Das latas de Andy Warhol ás túas' abre as súas portas en Afundación de Vigo

Publicado o 30/09/2021 22:23

Están as famosas latas Cambell, as serigrafías de Marilyn elaboradas por Warhol, as pegadas da arte pop en España ou no Reino Unido e a súa tendencia máis urbana. A mostra resume e contextualiza os últimos cincuenta anos dunha cultura máis alá da arte.

Na mostra está a iconografía dos cómics, os medios de comunicación, os debuxos animados, a crítica, a sorpresa ou a subversión. As pegadas dun movemento que defende que as xerarquías na cultura non existen e que a arte pode beber de calquera fonte.

É unha exposición didáctica pensada para todos os públicos que ademais invita os visitantes a compartir xunto ás de Warhol, as súas propias latas para converter tamén en solidario este percorrido cultural.

Noticias web

30/09/2021