CRTVG

Buscar

'The Guardian' recomenda aos seus lectores visitar a zona do Miño

Publicado o 11/06/2021 15:27

Un prestixioso xornal británico destacou a zona da fronteira do Miño como unha visita obrigada no noroeste da Península. Suliñan sobre todo a beleza dos espacios naturais.

O xornal The Guardian adoita facer ránkings sobre que visitar en diferentes países por esta altura do ano, coa chegada as vacacións, e desta volta tocoulle a Portugal.

No top 10 atopamos esta zona da eurorrexión por onde se pasea o Miño nos seus últimos quilómetros e, aínda que se refire a Portugal, imos varrer un pouco para a casa porque cada vez, como saben, hai máis proxectos conxuntos nesta zona. De feito, no artigo destacan o incrible de poder cruzar a pé unha fronteira por fermosas pontes ou os traxectos para facer en bicicleta. 

Noticias web

11/06/2021