Test de antíxenos nas primeiras 48 horas para entrar no Reino Unido
Publicado o 15/10/2021 08:39

Para entrar no Reino Unido, a quen teña a vacina anticovid−19 completa chegaralle con levar contratado un test de antíxenos para facelo nas primeiras 48 horas alí. Será a partir do día 24 e sempre que se vaia de países, como España, que non están na súa lista vermella.
De momento, esa proba ten que ser unha PCR, moito máis cara que o test de antíxenos.