CRTVG

Buscar

Terrazas cheas no primeiro día de apertura ao 50 % de ocupación

Publicado o 11/05/2020 21:10

Hoxe era o primeiro día que podía retomar a actividade a hostalería. Abriron un 30 por cento dos bares. 

Café e aplausos para empezar o día 1 da fase 1. Coa terraza á metade de ocupación como manda a normativa nunha cafetería de Pontevedra serviron almorzos desde primeira hora da mañá. "Con moitas ganas e agradecéndolle a toda esta xente que está aquí apoiadome, dándome ánimos cada día. E iso é o que quero transmitirlle aos nosos compañeiros hostaleiros", di a propietaria do local.

A sensación era a mesma en calquera punto de Galicia. "Había moitas ganas de saír un pouco a tomar o aíre" conta o cliente dunha terraza. "Un café e ver aos amigos", di un rapaz. "Gozar do primeiro café despois do encerramento que tivemos", apunta outro.Co paso das horas o café deu paso ás cañas.

Eso si, con estritas medidas de hixiene. "Síntome como se acabar de saír dun encarceramento, porque tomei moi en serio o virus. Era dos que non saía da casa nin ao supermercado", conta un home novo. "Tiñamos moitas ganas despois de dous meses", explica unha moza. "Aquí estamos, apoiando á xente que abre, que é moi necesario", conta unha muller."Moitos tivemos un bar algunha vez e os que o teñen agora están sufrindo moitísimo", apunta o seu compañeiro de mesa.A hostalería afronta esta semana entre o optimismo e o medo.

Moitos locais decidiron non abrir de momento. "Penso que a xente ainda vai con medo, que non vai haber a clientela suficiente como para empezar traballar todos os que somos", indica a propietaria dun bar que segue pechado. "Non sabemos moi ben como atender a xente, que ten que haber nas mesas e como distribuír o local", apunta outro.

Ata finais de xuño non se permitirá que os bares, cafeterías e restaurantes abran con normalidade. Ata entón haberá que conformarse coas terrazas.

As conversas substitúen o baleiro da falta da partida no rural

É sen dúbida unha das imaxes do día: as terrazas outra vez cheas de xente. Os bares e cafeterías puideron abrilas por primeira vez, iso si, ao 50% da súa capacidade. Por iso moitos negocios decidiron seguir pechados polo momento. 

A hostalería reabriu hoxe as súas portas tamén en moitas vilas ou aldeas do rural. Pequenas localidades onde, en moitos casos, tan só hai un bar. Son as catro da tarde. Hora da partida e polo tanto o momento de máis afluencia de xente en bares rurais coma este.

Case dous mesese despois as conversas substitúen o baleiro das partidas.A uns quilómetros, no Carballiño, as alternativas para tomar un café multiplícanse ainda que moitos locais decidiron non abrir polo momento.

Un rural onde o dono do bar forma de ese círculo de amizades Ambiente .... que tanto botábamos de menos

Noticias web

11/05/2020