CRTVG

Buscar

Teresa Portela, ilusionada cos Xogos Olímpicos de Toquio

Publicado o 27/05/2021 12:23

"Estou superilusionada e con moitas ganas". Teresa Portela afronta os seus sextos xogos olímpicos moi "emocionada".

Falou nun acto do patrocinador no que tamén estivo a gondomareña Desirée Vila como representación galega, acompañadas de deportistas de moito prestixio como Carolina Marín.

Despois da incerteza de se finalmente poderían celebrarse ou non, a piragüista de Cangas do Morrazo está xa metida "de cheo" na competición.

"Último sprint, últimos adestramentos". Restan sesenta días para ver o papel dos participantes galegos nos xogos.

 

Noticias web

27/05/2021