CRTVG

Buscar

Teresa Portela comeza con forza: gaña a serie e métese na semifinal

Publicado o 02/08/2021 06:46
Teresa Portela comeza con forza: gaña a serie e métese na semifinal

Teresa Portela acadou a clasificación para a semifinal pola vía rápida. Non quixo deixar lugar a dúbidas no inicio dos seus sextos Xogos Olímpicos e gañou a súa serie. 

A do Morrazo foi a única capaz de baixar dos 41 segundos (40.812) e impúxose á húngara Anna Karasz por tres décimas. 

No global das clasificatorias só outra padexeira foi quen de baixar deses 41 segundos, a campioa olímpica no Río Lisa Carrington con 40.715. Ben é certo que esta era a primeira criba e que ningunha padexeira amosou todo o seu potencial, que gardarán para as semifinais de mañá.