Teresa Ferreiro: explorando a vangarda desde Ciclo VanGal
Publicado o 05/11/2020 18:04
O Museo do Pobo Galego advirte hoxe na súa páxina de que o peche perimetral vai limitar a acollida de público para o Ciclo VanGal 2.0. Pero a programación continúa, e a partir de mañá e durante 3 días concertos, charlas e intervencións expositivas espállanse polo museo.
En colaboración co colectivo Ruído de fondo, traen á cidade catro figuras da reforestación folclórica a través da vangarda alternativa galega. MounQup, Teresa Ferreio, Faia e Laura Lamontagne e Picoamperio. Catro mulleres, exploradoras da música, da ilustración, transmisoras dunha Galicia feminina e vangardista. Unha delas é Teresa Ferreiro.