Teremos derbi galego entre o Obradoiro e o Breogán a unha semana do comezo da ACB
Publicado o 11/09/2021 11:04
Ambos os conxuntos perderon nas semifinais do Trofeo EncestaRías ante o Unicaja e o Joventut
Teremos derbi galego a unha semana do inicio da Liga ACB, última proba da pretemporada para o Monbús Obradoiro e o Río Breogán, que perderon os seus partidos de semifinais na sexta edición do Torneo EncestaRías en Vilagarcía de Arousa.
Os dous equipos galegos perderon onte. O Obradoiro por 89-82 contra o Unicaja mentres que o Breogán sucumbiu 78-84 ante o Juventut.
A final de consolación será este domingo ás 10:45 horas.