CRTVG

Buscar

Novo podio de Jorge Prado que se achega á segunda posición do mundial

Publicado o 18/10/2020 13:59

Jorge Prado foi o terceiro no GP de Bélxica e xa está no podio do Mundial de Motocrós despois de igualar con Seewer con 429 puntos. Non foi a versión brillante de hai unha semana en Madrid do piloto lucense pero estivo moi regular rodando sempre entre os mellores. Na primeira carreira acabou na terceira posición e asinou un cuarto na segunda manga.

O Gran Premio foi dominado por Gajser que aumentou a diferenza á fronte do campionato. Gajser ten 488 puntos, 48 máis que Antonio Cairoli. Prado e Seewer están empatados na terceira posición con 429 puntos e xa teñen a tiro o veterano piloto italiano.

Noticias web

18/10/2020