Terceiro paseo espacial da China, o segundo na estación Tiangong
Publicado o 20/08/2021 13:16
Segundo paseo espacial que fan os tres astronautas chineses que levan dende xuño na estación Tiangong. Efectuaron unha saída para poñer a punto o brazo robótico da estación e facerlle unhas melloras.
Os astronautas efectúan estas perigosas operacións amarrados cun cabo para non perderse no espazo.
Supón o terceiro paseo espacial da China. O primeiro foi en 2008 e convertía o país no primeiro despois dos Estados Unidos e a URRS en lograr semellante proeza.