Terceiro día de cribado en Vigo con máis de 6.000 tests de antíxenos
Publicado o 01/02/2021 08:58
O recinto do IFEVI semella por momentos un exame de oposicións ou un control de seguridade dun aeroporto. Compartimos con varios asistentes os minutos previos a coñeceren os resultados, todos negativos. Todos viviron o proceso con tranquilidade.
A media mañá o xerente da área sanitaria achegouse a controlar o operativo. As probas que se están realizando en Vigo son de antíxenos, e os convocados son persoas de entre vinte e sesenta anos que non fixeran unha PCR nos últimos dous meses.