CRTVG

Buscar

Terceiro aniversario dos atentados xihadistas de Barcelona e Cambrils

Publicado o 17/08/2020 16:58
Terceiro aniversario dos atentados xihadistas de Barcelona e Cambrils

Fai xusto tres anos, pouco antes das cinco da tarde, unha furgoneta arremetía contra decenas de persoas nas Ramblas de Barcelona e deixaba 14 mortos. No intento de fuxida, o condutor matou outra persoa. 

Horas despois, outros terroristas quixeron repetir o masacre no paseo marítimo de Cambrils. Atropelaron varias persoas e morreu unha muller. O vehículo envorcou. Del saíron cinco ocupantes armados coa intención de acoitelar os viandantes.

Finalmente, os axentes abateron os autores materiais dos dous ataques xihadistas, que causaron un total de 16 vítimas mortais e máis de 140 feridos.

O xuízo por este caso está previsto para outono. Hai tres acusados de colaborar co grupo terrorista, aínda que non participasen directamente no masacre.

A Fiscalía pide para eles penas de ata 41 anos de cárcere, o Concello de Barcelona e a Generalitat de Cataluña entre 95 e 44 anos. Mentres, varias asociacións de vítimas e o Concello de Cambrils piden a prisión permanente revisable.

 

Noticias web

17/08/2020