Terceira xornada, en seis meses, sen falecementos por covid en Galicia

A Consellería de Sanidade non notificou este venres ningún novo falecemento vinculado coa covid-19. É a terceira xornada, en seis meses, na que non se rexistran vítimas mortais, tras o sábado da pasada semana e o mércores.
En concreto, hai que remontarse ao 27 de setembro de 2020 para atopar o último día no que as autoridades sanitarias non comunicaron ningunha morte por coronavirus. Desde entón, informárase de falecementos todos os días.
A segunda metade do mes de xaneiro e o inicio de febreiro foron os momentos nos que máis mortes se rexistraron na terceira onda, coincidindo co pico tras as festas de Nadal. Naquela etapa, notificáronse en varias ocasións máis dunha trintena de decesos diarios. A cifra máxima comunicouse o 1 de febreiro, con 40 facelementos, aínda que correspondentes a varias xornadas.