CRTVG

Buscar

Os casos activos soben por terceiro día consecutivo (+36) ata situarse en 1.413 en Galicia

Publicado o 26/06/2021 19:22

• Nas últimas horas confirmáronse 137 novos contaxios mediante probas diagnósticas

• Aumentan lixeiramente os ingresos nas UCI (+1) e baixan en planta (-5)

Os casos activos soben por terceiro día consecutivo (+36) ata situarse en 1.413 en Galicia

Os casos activos soben por terceira xornada consecutiva en Galicia. Sitúanse en 1.413; son 36 máis con respecto á xornada anterior. Os datos deste sábado tamén confirman 137 novos casos mediante probas diagnósticas de infección activa, fronte aos 156 notificados o venres. Con todo nas últimas horas non houbo que lamentar novos falecementos por mor da covid, polo que se mantén en  2.435 a cifra total dende o inicio da pandemia.

Nos hospitais aumentan lixeiramente os ingresos nas UCI, cun máis, 12 en total. E baixan en 5 en planta, onde hai nestes momentos unha trintena de enfermos. Por outra banda, nas últimas horas houbo un cento de altas. 

Os casos activos soben en todas as áreas agás en Vigo (-5) e Ferrol (-4). O maior incremento prodúcese en Pontevedra e Ourense, que suman 24 e 13 casos, respectivamente.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias: 

A Coruña: 486 (+2)

• Vigo: 203 (-5)

• Ourense: 163 (+13)

• Santiago: 131 (+6)

• Lugo: 191 (=)

• Pontevedra: 176 (+24)

• Ferrol: 63 (-4)

 

Noticias web

26/06/2021