Terceira queima de colectores en Lugo en poucos días
Publicado o 05/06/2020 13:05
Perigosa moda a que se está a instalar en pleno centro de Lugo. Por terceira noite en apenas unha semana, os bombeiros tiveron que apagar un colector de lixo que estaba ardendo, desta volta na rúa Montero Ríos.
A rolda das Fontiñas e a rúa de San Roque foron os escenarios dos incidentes anteriores. Os tres lugares están nun radio de pouco máis de 300 metros.