Terceira noite de loita contra o incendio que afecta a Madrid, Ávila e Toledo
Madrugada de intenso traballo dos efectivos de extinción nos incendios que se estenden por Madrid, Ávila e Toledo. Os últimos datos oficiais falan de 3.300 hectáreas queimadas. Ademais, permaceron cortados varios tramos de estradas e case un cento de veciños pasaron a noite nun polideportivo, na localidade de Villa de Prado.
De madrugada o traballos dos efectivos de emerxencias centrouse en Peña Cenicientos, onde había varios focos activos. Ao caer a noite, case medio milleiro de persoas de tres administracións colaboraban para sufocar as lapas duns incendios moi próximos entre si. A comunidade de Madrid activou o nivel dous e esta noite pernoctaron nun polideportivo case un cento de veciños do concello de Villa de Prado. Tamén foron cortadas catro estradas por mor destes lumes de Caldalso e Cenicientos que afectan tamén á localidade toleadana de Almorox. As estimacións oficiais falan de 3.300 hectáreas queimadas.
A menos de cincuenta quilómetros, tamén na serra de Gredos, outros dous lumes permanecen activos en Ávila: o de Gavilanes, que comezou o venres, e o de El Arenal. O goberno autonómico asegurou que estes lumes foran prendidos de forma "voluntaria, intencionada e criminalmente". Entre o despregamento de efectivos, en Gavilanes, foron chamados brigadistas galegos, os de Laza.
E cunha distancia de tan só 47 quilómetros, pero tamén na serra de Gredos, outros dous grandes lumes permanecen activos en Ávila: o de Gavilanes, que comezou o venres, e o de El Arenal. O goberno autonómico confirmaba esta mañá que estes lumes foran prendidos de forma "voluntaria, intencionada e criminalmente".