CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Terceira edición da Regueifesta

Publicado o 02/05/2018 17:11

Celebrouse esta mañá en Santiago o terceiro encontro Regueifesta: improvisación oral en verso para centros de ensino galegos.

Arredor dun milleiro de escolares participaron nesta festa en que estiveron convidados bertsolaris de Euskadi e representantes da glosa de Cataluña. Dinamizaron o acto regueifeiros de sona como Alba María, Sechu Sende ou Manolo Maseda.

Ademais, entregáronse os premios do certame de vídeo Enreguéifate, en que se valoraron a improvisación máis brava, a máis aguda, a máis diversa, a máis reivindicativa, a mellor cantada e a mellor falada.

Zigzag Diario

02/05/2018