CRTVG

Buscar

Terceira derrota consecutiva do Cangas que queda a dous puntos da salvación

Publicado o 21/03/2021 20:55

O Cangas Frigoríficos do Morrazo caeu no Gatañal ante o Cuenca. Logo dun primeiro tempo moi igualado, 14-15 no descanso, os visitantes abriron oco ao comezo do segundo e souberon xestionar a vantaxe durante o resto do partido ata o 28-31 final, resultado maqueado polo Cangas nos últimos minutos, cando o partido estaba resolto. Terceira derrota consecutiva dos galegos, que seguen en postos de descenso, a dous puntos da salvación.

Noticias web

21/03/2021