Tentan estafar maiores da Fonsagrada cunha falsa vacina anticovid
Publicado o 26/10/2020 13:38
Viaxaban nun coche vello con matrícula de Oviedo e pedían cartos a cambio dunha suposta vacina contra o coronavirus. Os veciños do concello lugués da Fonsagrada están sorprendidos por esta tentativa de estafa a persoas maiores residentes en varias parroquias deste concello lugués. A Garda Civil xa busca os culpables, dúas persoas que, ao parecer, procedían de Asturias.
Polo momento, non transcendeu se lograron enganar algunha das súas vítimas e conseguir cartos a cambio desa falsa vacina. Os veciños da zona están indignados por estas actuacións.
Malia que supostamente os estafadores xa abandonaron a zona, o concello da Fonsagrada pídelles aos veciños que extremen as precaucións para evitar ser vítimas desta fraude.